" />
Lara Mendez

Lara Méndez ve o discurso de Feijóo como “unha oportunidade perdida para os lucenses”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ve como “unha verdadeira oportunidade perdida para os lucenses” o discurso de Feijóo. Así o definiu este mediodía a rexedora, tras amosarse sorprendida porque Feijóo non abordara a realidade de todos os territorios que conforman Galicia, “porque Feijóo tamén é o presidente dos lucenses; e sen embargo, ao falar de infraestruturas que conecten e vertebren Galicia, olvídase de Lugo”.

A rexedora tamén lamentou que Feijóo fale de apostar por mellorar o transporte público, falando da creación dunha Estación Intermodal en Vigo, Ourense, Santiago e Coruña, “volvéndose olvidar de Lugo”, do mesmo xeito que se esquece da chegada do AVE a Lugo, “que pasou de ser unha promesa de Feijóo a un xa se verá”.

Do mesmo xeito, tamén se olvida de Lugo no relacionado coa sanidade. Nesta liña, Lara Méndez lembrou o maltrato do Presidente da Xunta con Lugo, quen tamén fala de ampliar servizos no Hospital da Barbanza, Pontevedra, A Mariña, Ferrol, Santiago e Coruña, non mencionando nin o de Lugo, nin a implantación da Hemodinámica 24 horas.

A alcaldesa tamén fixo referencia aos maiores, “a aqueles en campaña se lles dixo que en Lugo contaríamos coa primeira residencia pública en case 40 anos, e que agora ven como Feijóo tampouco sabe nada”. “Eu vou estar nas solucións e en propoñerlle a Feijóo aquelo que os veciños e veciñas de Lugo demanden. Non cesarei no meu empeño e por iso, unha vez que se constitúa este novo Goberno traballaremos para mellorar a vida dos galegos, pero iso si, tamén dos lucenses”, concluíu Méndez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo