" />

Leve descenso no número de casos activos de Covid e de novas infeccións aínda con cifras elevadas

51 contaxios Covid novos. Esa é a cifra ofrecida polo SERGAS con respecto ao día de onte. Un leve descenso no número de confirmacións por PCR, que se mantén aínda así en cifras semellantes as da xornada anterior. En total, son 1072 as persoas que teñen infección activa, 28 menos que onte. O gran número de altas recibidas tamén fan descender, por primeira vez en semanas, a presión hospitalaria. E é que, hoxe permanecen hospitalizadas 45 persoas, mentras, na últimas xornadas sempre superaban as 50. Con todo, a Unidade de Coidados Intensivos do Hula continúa cunha situación moi similar a de días anteriores, son 5 os ingresados na zona de críticos.

O número total de pacientes curados dende que comezou a pandemia xa supera con creces os 4.400.

En canto ao semáforo de incidencia a sete días, poucos cambios. Nas últimas horas, Foz acadou o nivel laranxa de alerta, o número 2, mentres o resto de concellos da contorna mariñá continúan en amarelo: Ribadeo, Xove, Viveiro e Cervo. Burela, leva dúas xornadas en vermello debido, en gran parte, á chegada dun barco ao porto con 17 tripulantes, que están en cuarentena. 

Doutra banda, entre os municipios do centro e do sur da Provincia que cambiaron de estado no nivel de incidencia tamén se atopa Monforte de Lemos, que ata hai poucos días estaba en vermello e hoxe xa se sitúa no nivel máis baixo, no amarelo. Con él Monterroso, Cospeito, Castro de Rei, Láncara e Baralla. En nivel laranxa Chantada e Guntín, e, no nivel máximo de alerta continúan acompañando a Burela, Sarria, Vilalba e Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo