Lidia Senra denuncia na CE que Pazo de Sober recibiu fondos FEDER e do BEI que non devolveu

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea que a empresa Alvaher 98, S.L., promotora dun hotel de “gran luxo” no Concello de Sober (Lugo), entrou en concurso de acredores fai máis dun ano e non consta información sobre se esta empresa devolveu as subvencións e o préstamo concedido ao erario público. Senra presentou esta semana un escrito dirixido á CE dando conta desta situación.

No seu escrito, Senra dá conta das subvencións que percibiu esta empresa segundo os propios informes da Xunta de Galiza. Resalta que non é sinxelo saber exactamente todas as subvencións que cobrou Alvaher porque en algún caso houbo gasto descertificado pola propia administración e noutros (a Estatal) non se chegou a pagar porque non se cumpriron os requisitos. En calquera caso, consta unha subvención de 887.619, 98 euros con cargo ao Programa Operativo FEDER de Galiza 2007-2013, entre outras, e un préstamo de 2,5 millóns de euros concedidos polo IGAPE coa financiación do Banco Europeo de Inversiós (2007-2010).

Este proxecto foi fortemente apoiado por todas as administracións públicas, falando deste hotel de “gran luxo” coma un revulsivo económico para o Concello de Sober e para a Comarca. Haberá que cuestionarse logo, os estudos que se lle solicitan a estas empresas para demostrar a viabilidade destas grandes inversións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com