" />

Limpeza especial na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

Dende a área de Medio Ambiente, área que dirixe Álvaro Santos, levarase a cabo unha limpeza profunda este mediodía, tanto na Praza de Abastos como no Mercado municipal.
A maiores da limpeza diaria que xa se efectúa nestes dous inmobles coma nos diferentes edificios municipais do Concello, seguindo o protocolo establecido semanas atrás, esta será de carácter extraordinario e utilizaranse produtos non nocivos para a saúde e maquinaria especial de desinfección.

Aínda que esta nova medida poder ter un efecto de alarma no cidadán, Álvaro Santos quere trasladar absoluta tranquilidade xa que “non hai ningunha situación que nos obrigue a realizar a mesma pero queremos levala a cabo por prevención e seguridade para os veciños e veciñas de Lugo que traballan nestes espazos ou ben fan a súa compra diaria”.
O edil, sinalou que o persoal de limpeza ten toda a formación e información necesaria para levala a cabo e
utilizará o equipo de protección individual adecuado.

Dende o Concello de Lugo recordan que independentemente das medidas de limpeza excepcionais levadas a cabo nas diferentes dependencias municipais, convén actuar con responsabilidade, adoptando as medidas de hixiene e atendendo ás indicacións das autoridades sanitarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo