López Abella reivindica a presenza de mulleres no sector cultural

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou hoxe por seguir tomando medidas que favorezan a presenza, permanencia e visibilización das mulleres no mundo da cultura e na produción artística e intelectual. Así o sinalou hoxe durante a clausura en Viveiro do XV Foro da Igualdade, organizado pola Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro), un acto no que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro López Abella lembrou que o VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020, que marca unha folla de ruta de consenso, inclúe medidas concretas no eido cultural.

En concreto, citou obxectivos como o fortalecementos da visibilización das cuestións de xénero nos fondos documentais e artísticos das institucións galegas; a posta en marcha de accións de promoción das achegas realizadas polas mulleres en ámbitos como o literario, musical ou cinematográfico; e a realización de análises e estudos sobre a situación das mulleres.

Ao respecto deste último punto, recordou que a Xunta asinou un convenio de colaboración co Consello da Cultura Galega para elaborar un informe sobre as condicións sociolaborais das mulleres na industria cultural galega. Por último, a responsable autonómica apelou tamén á necesidade de fomentar no medio audiovisual unha imaxe das mulleres máis real e afastada de estereotipos sexistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com