" />

López Orozco visitou as obras de abastecemento e repavimentación nas Fontiñas

O Alcalde de Lugo, José López Orozoco e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, acompañados de técnicos municipais visitaron o segundo tramo das obras de abastecemento e pavimentación que se está realizando na Ronda de Fontiñas.

As obras que teñen un orzamento de adxudicación de 371.149 euros supón a mellora da rede de abastecemento na que se cambiarán as tuberias de fibrocemento que presentaban avarías por tuberías de fundición. Ademais o pavimento de Ronda das Fontiñas presentaba un importante deterioro, sendo a zona máis afectada a calzada dereita en dirección Avda. de Madrid, no tramo comprendido entre Carril de Caiñós e rúa San Xillao, ademais dos deterioros superficiais do firme e algún afundimento que quedarán subsanados con estas obras.

O Alcalde tamén explicou que as obras “renovarán a rede de abastecemento na beirarrúa dereita de Ronda das Fontiñas no tramo comprendido entre Carril de Caiñós e rúa San Xillao.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo