Louzao presenta o seu proxecto para Fontiñas cun novo acceso desde a estrada da Fonsagrada

A portavoz municipal de Cidadáns en Lugo e candidata á alcaldía nas eleccións do vindeiro 26 de maio, Olga Louzao, presentou esta mañá a súa proposta para a zona de Fontiñas “unha das máis saturadas de tráfico da cidade e que carece de dotacións necesarias como unha gran praza ou un parque infantil”, evidenciou Olga Louzao.

Acompañada do arquitecto e urbanista Juan Carlos Pérez Cordero, número 7 da lista de Cidadáns ao Concello, Olga Louzao presetou o proxecto elaborado por Cs Lugo, que contempla un investimento de 6 millóns de euros no barrio para a construción dun novo acceso a Fontiñas desde a estrada da Fonsagrada que sirva para desconxestionar o tráfico na Avenida e a dotación de 500 prazas de estacionamento que palíe a carencia de prazas de aparcadoiro existentes na actualidade nesta zona e permita ao mesmo tempo ser usado como aparcadoiro disuasorio polas persoas que entran á cidade en coche pola estrada da Fonsagrada.

Para crear estas novas infraestruturas Cidadáns propón construir edificio verde escalonado integrado na ladeira do Parque dos Paxariños, ao nivel da rasante da propia avenida, aproveitando o desnivel do terreo existente. O edificio estaría composto de dúas plantas de semisoto e unha máis de soto para alcalzar unha superficie construida de 13.500 metros cadrados para aparcamento, onde caberían 500 prazas de estacionamento cunhas dimensións de 2,50 metros de ancho por 5,25 metros de longo. “Son prazas amplas para facilitar a accesibilidade e poder entrar e sair do coche con comodidade e que non pase como as prazas que hai hoxe nos tres aparcadoiros municipais de Santo Domingo, a praza de Ferrol e a da Constitución”, comparou Olga Louzao.

O novo vial que conectaría a Avenida de Fontiñas coa estrada da Fonsagrada e a carretera do Rato, de 250 metros de lonxitude, cun carril de subida e outro de baixada, discorrería polo interior do edificio para reducir o seu impacto visual e serviría ao mesmo tempo para dar acceso aos distintos andares do parking. “Con esta solución, que permitiría un enlace con Fontiñas de entrada e saída alternativo ao de San Eufrasio lograríase desconxestionar o tráfico que a determinadas horas do día colapsa Fontiñas provocando numerosos atascos”, indicou Olga Louzao.

Novas relacionadas

  1. Alex TM
    Mai 08, 2019 - 08:24 PM

    @CsLugo_ Los faraones les llamaban

    Reply
  2. Olga Murado
    Mai 08, 2019 - 08:21 PM

    @CsLugo_ Canto ilustrado hay polo mundo. 👀

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com