Lucía Pérez cantará este sábado na Igrexa de Hospital do Incio

O Concello do Incio organiza para este sábado un Concerto de Nadal da artista local Lucía Pérez ás 19:00 horas nun
lugar máxico, a igrexa de Hospital do Incio. Será a primeira vez que nas paredes de mármore desta xoia do Románico resoe a música en directo da artista do Incio, a que coa súa voz e a súa música faga emocionar aos asistentes nun lugar, sen dúbida, inspirador. Con esta proposta, tanto o Goberno local como a artista, intentan poñer en valor os recursos que temos preto, dándolle vida a espazos únicos para outros usos culturais.

O Concello do Incio convida a asistir “a un concerto exclusivo que, a bo seguro, fará as delicias do público”. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com