" />

Lugo activará esta madrugada un dispositivo especial ante a Alerta Amarela por frío

A área de Medio Ambiente informa de que esta madrugada porá en marcha un operativo especial que reforzará o dispositivo de limpeza viaria do municipio ante a chegada dunha alerta amarela por baixas temperaturas que afectará á capital e que prevé alcancar valores mínimos que poden baixar dos – 4ºC.

“Concretamente, a partir das 04:00 horas de mañá martes, un camión satélite cun codutor e dous peóns, botarán sal en todos aqueles puntos da cidade nos que se poidan formarse placas de xeo, con especial atención ás inmediacións dos centros médicos e ás contornas educativas nas que se atopan centros escolares, paradas do autobús, etc”, indicou o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández.

O concelleiro fixo ademais un chamamento á cidadanía para pedirlle que “extreme as precaucións ante a situación meteorolóxica adversa que imos atravesar esta noite tanto se se desprazan a pé como en coche, ante o risco de poder atoparse con xeadas de consideración na calzada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo