Lugo cédelle a testemuña dos Xogos do Eixo Atlántico a Braga

Braga será a cidade encargada de acoller os vindeiros Xogos do Eixo Atlántico, durante o ano 2019, logo de pasar pola provincia. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entregoulle hoxe a bandeira dos Xogos do Eixo Atlántico, nun acto simbólico do paso de testemuña, a Ricardo Río, Presidente da Cámara Municipal de Braga, nun acto de continuación da cerimonia que tivo lugar o pasado día 9 de xullo no Vello Cárcere. A cidade de Braga resultou gañadora entre 5 candidaturas nunha votación na que participan a totalidade dos Concellos do Eixo Atlántico, a través das áreas de deportes.

O acto simbólico, que tivo lugar na Avenida Central de Braga, contou coa presenza dos rexedores de Monforte e Sarria, localidades que acolleron xunto con Lugo a duodécima edición destes xogos, José Tomé e Pilar López, respectivamente, e o presidente do grupo temático de deportes do Eixo Atlántico, Guilherme Aguiar, así como persoas vencelladas ao mundo do deporte e cidadanía bracaranse.

Na súa intervención, a Alcaldesa de Lugo asegurou que “si Braga o fai un pouco mellor que Lugo o éxito é seguro, xa que en Lugo foi excepcional”. Nesta liña insistiu Ricardo Río, quen agradeceu a Lara Méndez a testemuña dos xogos, e puxo en valor a magnífica organización e o éxito que supuxo esta cita en Lugo, “que deixou o listón moi alto”, ao tempo que avanzou que traballará para superalo.

Méndez subliñou que “o maior logro deste certame é a unión de dúas culturas e a vertebración do territorio. Fan máis os Xogos pola Eurorrexión que moitas reunións políticas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com