Lugo conmemora o Orgullo LGTBIQA+ con diversas actividades

O Concello de Lugo desenvolverá nos próximos días unha programación especial con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+, que se celebra cada 28 de xuño co obxectivo de reivindicar a igualdade, a diversidade e o respecto aos dereitos das persoas LGTBIQA+. A iniciativa busca promover unha sociedade máis inclusiva, respectuosa e aberta á diversidade a través dunha serie de actividades culturais, de lecer e de sensibilización dirixidas a toda a cidadanía.

Entre as propostas destaca a mesa redonda organizada en colaboración coa asociación Arelas, entidade galega de familias de menores e mocidade trans. Baixo o título “Romper o illamento: espazos seguros e redes para a mocidade trans”, o encontro celebrarase o martes 30 de xuño ás 19.30 horas no Vello Cárcere. A actividade estará moderada por Cristina Palacios Castro, xerente e traballadora social de Arelas, e contará coa participación de expertos e persoas con experiencia directa nesta realidade, que compartirán reflexións e vivencias sobre os retos que afronta a mocidade trans e a importancia de contar con contornas seguras e redes de apoio.

A programación arrancará o venres 26 de xuño cun concerto de música en directo no templete da Praza Maior, previsto para as 19.00 horas. Ao día seguinte, o sábado 27 de xuño, a Praza Bispo Basulto acollerá desde as 22.30 horas a celebración de “Lugo Diverso: unha festa para todas as cores”, unha proposta aberta á participación cidadá que incluirá unha sesión de DJ ata a 1.30 horas e unha actividade de facepainting.

Con esta programación especial, o Concello de Lugo reafirma o seu compromiso coa visibilización da diversidade e coa defensa dos dereitos do colectivo LGTBIQA+, promovendo espazos de encontro, reflexión e celebración para toda a veciñanza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com