Lugo e Mondoñedo acollerán as XIX Xornadas do Peregrino

O encontro, dedicado aos Camiños de Santiago do Norte, celebrarase os días 5 e 6 de setembro

Lugo e Mondoñedo serán as sedes das XIX Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”, centradas este ano nos Camiños de Santiago do Norte. O programa foi presentado no Concello de Lugo por representantes municipais e da entidade organizadora.

A primeira xornada celebrarase o sábado 5 de setembro en Lugo. Incluirá visitas á Catedral, ao Museo Diocesano e Catedralicio e á Muralla romana. Pola tarde, O Vello Cárcere acollerá a inauguración oficial e varias mesas de debate con asociacións e representantes institucionais de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia. O día rematará cun concerto da Banda Municipal de Música.

As actividades continuarán o domingo 6 en Mondoñedo, con proxeccións audiovisuais, visitas guiadas, intervencións sobre o patrimonio xacobeo e unha romaría.

O encontro tamén incluirá a presentación do documental “Andrea López Chao, o legado dunha mestra galega en Cuba”, dedicado á traxectoria dunha docente mindoniense vinculada á colectividade galega da Habana. A súa estrea está prevista para o 27 de outubro en Santiago de Compostela.

As xornadas contan coa colaboración de varias administracións, dioceses e entidades relacionadas coa divulgación dos Camiños de Santiago.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com