" />

Lugo en Danza para o 2021

O LED é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e das artes do movemento, co que dende a área de cultura tratamos de ofrecer opcións diversas, ampliando o acceso á cultura das veciñas e veciños ao campo da danza contemporánea e as artes do movemento”, indicou Maite Ferreiro, quen presentou a programación.

O proxecto complétase con diversas iniciativas de mediación coa idea de estabelecer pontes e vías de comunicación con distintas comunidades artísticas, dentro e fóra do auditorio”. “Organizaranse coloquios e obradoiros gratuítos, así como colaboracións con artistas de outras disciplinas, seguindo sempre coa programación de actividades culturais mantendo todas as medidas de seguridade. Engadiu.

Programación Lugo En Danza

A primeira actuación do Ciclo ven da man de Jesús Rubio Gama coa peza “Gran Bolero”, gañadora do premio Max 2020 ao mellor espectáculo de danza. Nunha extenuante reinterpretación do Bolero de ravel con doce bailaríns en escea que terá lugar o próximo venres 26 de febreiro ás 20h no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo