" />

Lugo Monumental e BBVA asinan un convenio de colaboración financeira

BBVA asinou esta mañá un convenio de colaboración financeira coa Asociación de Empresarios Lugo Monumental. Con este novo acordo, BBVA pon a disposición de todos os membros da Asociación un amplo conxunto de produtos e servizos financeiros para apoiar os seus necesidades profesionais, coa finalidade de impulsar a actividade comercial das empresas asociadas.

“A firma deste convenio de colaboración responde ao compromiso de BBVA coa cultura e o ecosistema empresarial lucense, que se une ao noso firme compromiso con Galicia, e busca impulsar a competitividade da actividade de todos os membros da Asociación”, afirmou Víctor Rodríguez Muiño, director de Centro de Banca Comercial BBVA en Lugo.

Pola súa banda, Luis Latorre Real, presidente da Asociación de Empresarios Lugo Monumental, quixo agradecer ao BBVA que “teñan en conta ao pequeno comercio tradicional, que é un dos piares da economía e emprego en España. Este apoio ao tecido empresarial lucense tradúcese nunha mellora da competitividade e a produtividade para a cidade, de forma que se poida superar o que confiamos que sexa o último tramo da dura crise que aínda azouta os nosos negocios”.

Entre as vantaxes financeiras que este acordo brinda aos asociados, destacan os seguros e a oferta de créditos e préstamos para as empresas, así como as condicións para as terminais de TPV.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo