Lugo Monumental reparte máscaras entre os asociados da Praza e do Mercado


A asociación Lugo Monumental repartiu esta mañá máis dun centenar de máscaras protectoras entre os seus asociados da Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros diante da dificultade destes para atopalas no mercado pola alta demanda dos últimos tempos.

A preocupación dos praceiros por tomar todas as medidas de seguridade posibles transmitiuse á asociación, que grazas á xenerosidade da empresa Ajuar Decoración, púidose abastecer a todos os asociados.

Desta maneira, e xunto ás demais medias de hixiene e saúde tomadas polos asociados de Praza e Mercado, garántese aínda máis a correcta manipulación dos produtos de primeira calidade que se despachan nestes postos.

A asociación “tamén serviu de canle de contacto entre todos os asociados que necesiten este tipo de elementos e quen os pode facilitar, e a canle de comunicación interno de Lugo Monumental está a ser un gran apoio mutuo para as empresas do centro histórico xa que todas achegan o que lles é posible, funcionando como unha auténtica rede de sostén conxunto nesta difícil situación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com