Lugo non perdas o tren insta a que Galicia constitúa o ente ‘Tren Galego’

É o momento para que Galicia constitúa o ente TREN GALEGO xa que o Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado por Lei Orgánica 1/1981 e publicado en BOE nº 101 de data 28 de abril de 1981 no seu Capitulo I, articulo 27,  epígrafe 8, di que corresponde á Comunidade Autónoma a Rede de Ferrocarrís e estradas non incorporados á rede do Estado e cuxo itinerario se desenvolva integramente en territorio da Comunidade e, nos mesmos termos, o transporte levado a cabo por estes medios ou por cable.

E dicimos que é o momento por unha razón principal, a Liberalización Ferroviaria que se iniciará nos anos 2021 e sucesivos e que vai revolucionar dunha forma moi importante e diferente a mobilidade do transporte de pasaxeiros e mercadorías nun futuro moi próximo, que vai implicar unha esixencia á nosa autonomía e ás demais na forma de transportar aos viaxeiros e na forma de planificar novas infraestruturas comunitarias, que enlacen coas redes estatais de forma adecuada para ofertar un verdadeiro servizo público.

Pero aquí, Galicia está descolgada porque desde o ano 1981 (e hai 40 anos), non se fixo nada por crear este Ente ou empresa Tren Galego, non se fixo nada por vertebrar Galicia a nivel ferroviario, Lugo hai anos que precisa unha comunicación por Tren entre Lugo e Santiago e Lugo coa Mariña Lucense, algo que a ninguén se lle pode escapar que é primordial de fronte ao futuro, xa que a capital lucense é a única de Galicia sen ligazón ferroviaria directa coa capital galega. Os portos lucenses teñen que estar conectados de forma directa coas liñas estatais de pasaxeiros e mercadorías e esa ligazón, débenos de levar a Lugo e Santiago a enlazar coa rede Atlántica cara ao norte de Portugal.

Galicia ten que dar pasos importantes neste sentido e por iso reclamamos do Parlamento Gallego e da propia Xunta de Galicia, que se poña ao labor, porque os tempos apreman xa que moi proximamente os galegos imos poder gozar do Tren de Alta Velocidade, grazas ao impecable labor da lucense Isabel Pardo de Vera, que veu cumprindo todos os obxectivos e prazos de execución de obras e sistemas como nos avanzaba.

Tamén estamos a percibir o interese do monfortino Javier Pérez responsable institucional de Renfe para Galicia na recuperación de servizos, algúns que xa estaban totalmente perdidos na provincia de Lugo, pero que esperamos incrementen moi proximamente os  servizos de Lugo coa Alta Velocidade, os servizos para pasaxeiros entre Lugo e León, coas súas saídas a Asturias, País Vasco (Irún) e Cataluña. Tamén estamos a reivindicar a nivel estatal esas conexións do transporte europeo onde a liña A Coruña-Ferrol, Lugo e Monforte sexan parte da estratexia europea a partir do ano 2023, onde temos un apoio fundamental en Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico e aquí será moi importante que este contemplado xa o Ente Tren Galego.


Texto: Comisión Executiva “LUGO… NON PERDAS O TREN”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com