" />

Lugo pide un Entroido libre de sexismos, en especial nos disfraces infantís

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe a edil Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha unha nova edición da campaña Desenmascara o machismo, unha iniciativa que impulsa cortar co sexismo nas datas do Entroido, tal e como fai noutras festividades.

A campaña, que promove o Goberno de Lugo, ten por finalidade ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez; sendo conscientes de que o sexismo segue manifestándose co xénero dos disfraces: por exemplo, os traxes de bombeiros, astronautas e médicos están representados por nenos, mentres que as nenas protagonizan os disfraces de enfermeira ou animadora.

Desenmascara o machismo céntrase, principalmente, na responsabilidade á hora de comprar disfraz e inclúe algunhas cuestións a ter en conta no momento da súa selección, sobre todo para os infantís: descartar aqueles que supoñan unha hipersexualización, que afecta, en moitos casos, a nenas menores de idade; ou aqueles que existen en dúas versións, temáticos para o neno e sexy para a nena. Así mesmo recomenda que o ideal é que os disfraces podan ser utilizados indistintamente polas nenas e nenos, que desenvolvan a imaxinación e que favorezan a cretividade, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo