Lugo precisa con urxencia máis de 1.200 prazas de aparcadoiro

A Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo, reivindica unha vez máis a necesidade de dotar a Lugo de máis de 1.200 prazas de aparcadoiros. Desde o inicio da campaña municipal “Aparca con Xeito”, foron máis de 2.000 condutores os sancionados por aparcar indebidamente, pero o grave é que estes condutores non atopan onde aparcar na cidade, non funciona o sistema “ora” que facilite a parada ou aparcadoiro, non hai ata o momento aparcadoiros na cidade que cubran as necesidades diarias.

Dada a gravidade da situación, a Federación Veciñal require  quen se cren zonas de aparcadoiro libres en distintos puntos da cidade, como ten previsto o Goberno municipal, pero coa máxima urxencia. Unha das zonas que dende a Federación estamos a indicar é a situada na zona da Estación, onde estaba situada a área de carga e as vellas vías inutilizadas e que dentro do Plan Paradai contemplaba ao redor de 240 prazas de aparcadoiro na zona. Esta zona debería ter a condición de pública e de xestión municipal de acordo co proxecto contemplado no Plan e á cesión que o Concello de Lugo realizou a Renfe-Adif para a terminal de mercadorías no Polígono das Gándaras.

Por iso, entendemos que o goberno municipal debe convocar a unha reunión urxente ao Delegado da Xunta en Lugo e ao Sub-delegado do Goberno, para que, como persoas responsables  das administracións autonómica e do estado en Lugo, fagan  xestións, de acordo co concello, baseadas no Plan Paradai e a construción da futura Intermodal de Lugo e se constrúa un aparcadoiro público e gratuíto, que solucione os problemas de aparcadoiro da zona e que dea solución, pola súa proximidade, aos miles de cidadáns da provincia que diariamente teñen que acudir ao edificio da Xunta de Galicia e a unha gran parte da capital.

Como dicimos ao comezo, os cidadáns non teñen por que pagar os seus aparcadoiros con multas, ante a falta de espazos, cando lugares se hai para iso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com