Lugo reivindicase en FITUR como un grande destino Turístico

O Presidente, Darío Campos Conde, presentou este xoves en FITUR a nova campaña de promoción turística da provincia que puxo en marcha o Goberno da Deputación: Lugo Cambia. Fíxoo acompañado de representantes dos 4 xeodestinos nos que se divide a provincia: Lugo-Terra Chá, xunto a Lara Méndez López, Alcaldesa de Lugo, que é capitalidade da provincia; Regina Polín Rodríguez, Presidenta das Vilas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias e Alcaldesa de Guitiriz, que é un dos maiores Concellos da Terra Chá; Alfredo Llano García, Alcalde de Burela e Presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense; Benigno Gómez Tadín, Alcalde de Cervantes,  un dos municipios da montaña onde se sitúan emblemáticos lugares como as Pallozas do Piornedo, declaradas Ben de Interese Cultural; e José Tomé Roca, Alcalde de Monforte de Lemos, capitalidade da Ribeira Sacra. Xuntos reivindicaron as potencialidades que ten a provincia de Lugo para converterse nun “xusto” referente turístico no país.

Campos Conde destacou que para moita xente “Lugo segue sendo unha grande descoñecida, pois moitas persoas non saben que, por exemplo, en Lugo temos mar, con máis de 100 quilómetros de Costa con impresionantes praias, algunhas delas catalogadas como xoias mundiais, ou que máis do 50% do territorio da provincia está recoñecido pola UNESCO, xa que se sitúan 3 Reservas da Biosfera. Pero os nosos distintivos van máis alá, pois en Lugo contamos con Patrimonios da Humanidade como a Muralla de Lugo, as Catedrais de Lugo e Mondoñedo ou os Camiños Norte e Primitivo. De feito, as rutas de peregrinación cara Santiago de Compostela na provincia suman 800 quilómetros. Tamén en Lugo acollemos o maior espazo natural de Galicia, Os Ancares e O Courel, ademais de ser unha  das maiores concentracións de románico de toda Europa, que se estende pola idílica Ribeira Sacra, e que compartimos con Ourense”. “Os lucenses queremos compartir con todo o mundo o conxunto de recursos que fan de Lugo unha provincia única, porque estamos convencidos de que é de xustiza dalos a coñecer”, destacou Campos Conde.

Traballos audiovisuais

O Goberno da Deputación presentou en FITUR a primeira das accións da campaña de promoción turística da provincia “Lugo Cambia”, dando a coñecer os primeiros 5 traballos audiovisuais, pois xa traballa na elaboración de novo material con máis detalles sobre o que poden atopar os visitantes en cada un dos xeodestinos turísticos da provincia de Lugo. Toda esta documentación estará en galego, castelán, inglés, portugués e francés para chegar a todos os públicos.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com