Lugo será sede dos xogos do Eixo Atlántico en 2017

Lugo acollerá en xullo de 2017 a duodécima edición dos Xogos do Eixo Atlántico Noroeste Peninsular, que reunirá na cidade a unhas 5.000 persoas. Así o anunciou este xoves a Alcaldesa, Lara Méndez, tras participar na comisión executiva do Eixo Atlántico, que se reuniu hoxe na localidade lusa de Viana do Castelo.

A rexedora anunciou que a candidatura da provincia luguesa, liderada por Lugo e da que forman parte os concellos de Sarria e Monforte, gañou entre un total de 5 propostas, co apoio maioritario polos membros da comisión.

Trátase dun evento que está dirixido á promoción do deporte e a convivencia entre os máis novos, posto que reúne a rapaces e rapazas deportistas de máis de 30 localidades de Galicia e do Norte de Portugal, para disputar campionatos de fútbol, balonmán, baloncesto, voleibol, ximnasia rítmica, atletismo e atletismo adaptado, e natación e natación adaptada, ao tempo que se mellora o coñecemento entre os cidadáns das dúas rexións.

Para a Alcaldesa acoller este evento trasfronteirizo supón un importante pulo para Lugo “de cara á promoción da nosa cidade, á busca de cohesión territorial e á dinamización da zona interior da Eurorrexión”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com