" />

Lugo solidarízase coas vítimas do atentado de Niza

Representantes de todos os partidos que conforman a corporación do Concello de Lugo e da Deputación participaron este mediodía nun minuto de silencio celebrado diante da casa consistorial para amosar a solidariedade dos lucenses coas vítimas do atentado terrorista rexistrado onte en Niza.

O voceiro do Goberno local, Miguel Fernández, quixo amosar a repulsa do Concello ante estes feitos. “Quero amosar a solidariedade do pobo de Lugo co pobo francés e dicir que feitos como este o único que consiguen é que os demócratas esteamos máis xuntos”, subliñou Fernández.

Paralelamente tamén se celebrou un minuto de silencio fronte a subdelegación do Goberno en Lugo. O subdelegado do Goberno, Ramón Carballo apuntou que este tipo de actos “non teñen cabida na sociedade actual”.

Ademais, a Deputación de Lugo enviou unha declaración institucional para amosar a solidariedade ante o sucedido. “Hoxe todos somos Niza. E dende esta institución queremos temuñar o noso máis profundo pesar e condolencias a familiares e amigos das vítimas, pero tamén, a nosa solidariedade e apoio coa cidade de Niza”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo