" />

Lugo supera os 8000 casos cando xa se tería que ter pasado o pico da sexta vaga

Entre o 15 e o 18 de xaneiro, supostamente, Galicia – e as súas áreas sanitarias- acadarían o pico da súa sexta vaga de Covid. E así semellaba a principios de semana, con significativos descensos, sobre todo, de contaxios, pero tamén da presión asistencial e mesmo de casos activos. Unha mellora que pouco tardou en dar a volta. E é que nos últimos tres días Lugo non deixa de amosar un novo empeoramento de datos, eso si, desta vez, faino dentro de certa estabilidade.

Así o reflexan os últimos datos feitos públicos polo SERGAS, e recabados ata as 6 da tarde de onte, e que cifran en 8049 os casos activos, cos que Lugo acada un novo récord, o anterior deuse o mércores 12 de xaneiro cando a provincia contaba con 7919 casos.

Con todo, falabamos de certa estabilidade e é que o número de contaxios diarios, descende en relación á última xornada pero de xeito moi leve, case imperceptible. Así, na última xornada detectáronse 651 positivos, 51 menos dos detectados na xornada anterior pero moi por riba dos 481 do martes.

En canto á presión asistencial, de novo, é un baremo que se mantén estable. Así, nas últimas horas sumaronse 3 pacientes covid nos diferentes hospitais da provincia. Neste senso, na UCI do Hula, a única con contaxiados na provincia, hoxe rexístrase un novo paciente sendo un total de 6. En planta a cousa é algo peor. E é que xa son un total de 51 os ingresados con Covid nalgún dos hospitais da provincia: 38 no HULA,8 na Mariña e 5 en Monforte.

No tocante aos falecementos, xa van 270 persoas que finaron despois de ser diagnosticadas con coronavirus, dende o inicio da pandemia na provincia. Doutra banda, nas últimas horas producíronse 488 altas médicas sendo un total de 29.396 as persoas que xa poden dicir que superaron a enfermidade na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo