" />

Lugo ten os mesmos casos de Covid-19 que onte

Se estes últimos días produciráse unha pequena escalada por novos casos de coronavirus na Área de Lugo, nas últimas  horas mantense o número de infectados de onte,  622. Esta é unha nova esperanzadora de cara a conseguir o contro do andazo na nosa provincia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.856, deles 1.644 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.307 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 403 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 85 permanecen en UCI, 490 están en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.803 altas de pacientes e 519 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 85.690.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo