Lugo traballa por unha mobilidade inclusiva e cara a converterse nunha cidade sostible e amable coa veciñanza

O Concello de Lugo traballa por unha mobilidade inclusiva e cara a converterse nunha cidade sostible e amable coa veciñanza. Así o amosan as últimas iniciativas impulsadas pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que persiguen un obxectivo claro: recuperar espazos municipais para o seu uso público.

A primeira delas, e xa en marcha dende este mércores, é a zona con limitación a 30 kilómetros por hora e prioridade ciclista no carril dereito na Ronda da Muralla, unha medida con distintos beneficios, que van dende aumentar a seguridade, coa conseguinte prevención de accidentes e atropelos,  á mellora da calidade ambiental, ao reducirse as emisións e o ruído e conseguir un tráfico rodado máis pacífico.

A segunda, é a conversión de 3 prazas en 2 nos aparcadoiros públicos subterráneos, situados na Praza de Santo Domingo, da Constitución e de Ferrol. O Goberno faino coa vontande de “garantir a accesiblidade nestes aparcadoiros e adecualas á nova realidade”. Esta medida será unha nova realidade previsiblemente para a metade da primavera. As tarifas non sufrirán modificacións, xa que para Méndez, non tería sentido que unha boa medida fora asumida polo petos dos veciños e veciñas. A empresa concesionaria, Interparking, xa lle fixo chegar ao Concello a proposta onde asumen este compromiso, así como a proposta de redimensionamento do contrato, que xa se está a estudar na entidade local.

A terceira iniciativa é a anunciada esta mesma semana, 7 aparcadoiros disuasorios en distintas zonas da cidade, tanto no norte, coma no sur e no centro, duns 12.000 metros cadrados e 600 prazas, que serán de uso gratuíto. Ademais, o Concello abrirá á cidadanía o aparcadoiro do antigo seminario en xornada de tarde, de 16:00 a 22:00 horas e as fins de semana. Trátase do aparcadoiro empregado ás mañás polos traballadores e traballadoras do Concello, 100% accesible e cunhas 80 prazas.

Paralalelamente a estas decisións, o Concello puxo en marcha a campaña de colaboración cidadá, Aparca con Xeito!, para disuadir malos hábitos que foron adquirindo condutores e condutoras á hora de estacionar o seu vehículo privado. As seguintes accións de mobilidade serán as do transporte público e novidades no acceso ao casco histórico, segundo avanzara a rexedora no Debate do Estado da Cidade.

En canto a outras medidas, o Goberno estuda peatonalizar e cubrir a rúa Quiroga Ballesteros, co obxectivo de seguir dinamizando a actividade das instalacións municipais do Mercado Municipal e da Praza de Abastos, así como a actividade nesta zona. Tamén, dentro do proxecto Muramiñae: da Muralla ao Miño, o Concello prevé poder peatonalizar a Calzada da Ponte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com