" />

Lugonovo alerta de multas a persoas en situación de emerxencia pola mala tramitación das axudas

Lugonovo denuncia que as axudas de emerxencia concedidas polo Concello, sempre exentas de tributación, están constando como ganancias patrimoniais por un erro na súa tramitación.

A concelleira da formación, Cristina Pérez Herráiz, alertaba de que a consecuencia deste erro “a gran maioría dos perceptores deben facer a declaración da renda” ao constar que teñen máis dun pagador. Como os perceptores descoñecen esta circunstancia, non presentan a declaración, algo que está a ocasionar sancións posteriores por parte da Axencia Tributaria. Ademais, a concelleira alerta de que ao constar que teñen obrigas pendentes con este organismo, “paralízaselles tamén a concensión doutras subvencións que lles corresponden”.

“O que acontece é que o Concello está a trasladar mal os datos das achegas municipais ao ente estatal, de maneira que estas figuran, erróneamente, como ganancia patrimonial e forzan a súa declaración. A irregularidade detéctase cando os usuarios van tramitar outras prestacións, porque no seu expediente figura que teñen unha obriga sen resolver coa administración”, subliña.

“ Cómpre ter en conta que cando calquera destas persoas solicita o subsidio por desemprego, ou algún tipo de bolsa; de entrada, todas elas lle son paralizadas por non estar ao día con Facenda. E o agravio é dobre porque ao chegar á Axencia Tributaria, para arranxalo, son sancionadas por non ter presentado a renda en tempo. O camiño que deben percorrer despois constitúeno un sen fin de tramites, voltas e solicitudes de certificados ata descubrir de onde sae ese concepto financeiro”, resume.

Dende a formación, consideran urxente que o executivo emende a situación e compareza para dar as explicacións oportunas, artellando ademais os mecanismos precisos entrámbalas dúas institucións para evitar que volva suceder.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo