Lugonovo cre que os radares instalados no municipio poderían non estar adaptados á lei

Lugonovo preguntará cal é o procedemento co que se calcula a marxe de erro obrigatoria nos radares do municipio ante a sospeita de que non se está aplicando axeitadamente. “A Orde ITC 3123/2010 de 26 de novembro regula o control metrolóxico dos instrumentos destinados a medir a velocidade dos vehículos a motor e establece un erro tolerado nestes dispositivos de 7 km/hora para velocidades inferiores a 100 km/h ou do 7% se a velocidade é igual ou superior. Sen embargo, parece ser que esta marxe non ten aplicación a partir do segundo tramo das sancións”.

Fernández Rocha, exemplificou deste xeito o que pode estar a suceder: circulando por unha autovía, o radar xa está programado para que non salte ate os 128 km/h, (aproximadamente) tendo en conta a devandita marxe. Se o condutor circula por debaixo dos 150 km/h (o primeiro tramo), a velocidade que detecta o cinemómetro xa inclúe esa rebaixa do 7%.  Sen embargo, cando outro vehículo pasa polo mesmo punto a 160 km/hora, esa velocidade é a que reflicte literalmente a fotografía, non a diminúe no 7% como lle correspondería. ¿E en que se traduce todo isto? En 300 € de multa e dous puntos do carné para o automobilista, mentres que se funcionara o marxe de erro do 7%, tamén para ese segundo tramo, a velocidade que figuraría na imaxe sería de 148 km/h e a penalización que conlevaría, de 100€.

“Queremos saber se a velocidade que marca o radar é un dato sen corrixir dado que este non contempla de forma automática a marxe de erro, ou a redución se aplica posteriormente á hora de impoñer a sanción”.

O voceiro de Lugonovo subliña que “Automovilistas Europeos Asociados detectou que, por esta circunstancia, se impuxeron, dende 2010, máis de 300.000 multas en toda España con importes e detración de puntos superiores aos establecidos na Lei de Seguridade Vial”.

“Este proceder de Tráfico conta, actualmente, con máis dun cento de sentenzas en contra aínda que logo depende do criterio do xuiz determinar se anula por completo a sanción ou lle rebaixa unicamente o exceso”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo