Lugonovo creará un transporte á carta para as parroquias do Concello

Membros da candidatura de Lugonovo mantiveron unha xuntanza con veciños e veciñas  de Tirimol para escoitar as demandas dos veciños e veciñas desta parroquia.

Unha das propostas de Lugonovo será a de crear unha oficina rural no Concello que atenda os asuntos da contorna rural. O candidato á alcaldía por Lugonovo Fernández Rocha tamén fixo fincapé que os plans de obras e servizos estarán baseados exclusivamente na “obxectividade dos investimentos fuxindo do electoralismo da actual política municipal”.

Unha das demandas dos veciños foi o transporte, que nesta parroquia, é especialmente deficitario, xa que trasladarse ata a capital en transporte público resulta incomodo e pouco efectivo. Santiago Fernández explicoulles que Lugonovo leva no seu programa a reforma do transporte público “onde se contempla o funcionamento de liñas de buses a carta nas parroquias rurais”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com