Lugonovo denuncia deficiencias na zona infantil e de exercicio do Parque Rosalía

Lugonovo denuncia deficiencias na zona infantil e nas máquinas de ximnasio instaladas no Parque Rosalía. Segundo o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha, “os desperfectos vanse acumulando sen que o executivo interveña, de maneira que os destrozos son cada vez máis graves e máis evidentes ata o punto de chegar a supoñer un risco para nenos e mariores”.

Rocha denuncia que o ximnasio para adultos “está feito un desastre” xa que hai máis de dous meses que romperon algúns dos aparatos e nin se repuxeron nin foron arranxados, algo que provoca, segundo Lugonovo, que moitos usuarios non poidan facer alí a súa rehabilitación. A formación denuncia tamén que os bancos están rotos e o pavimento da área de xogos presenta excesivas grietas.

Por este motivo, os edís da formación cren necesario que se estude a posibilidade de pechar polas noites a zona infantil e de exercicio con algunha estrutura que impida a celebración de botellóns nas inmediacións. “Tampouco estaría de máis que se valorase a posibilidade de protexelo cunha cuberta para facelo máis atractivo nos meses de inverno, unha opción que xa se baralla tamén para outras áreas da cidade”, subliña Fernández Rocha.

Dende a formación apúntase, asemade, a conveniencia de recuperar o proxecto para convertir nunha escultura o tronco da sequoia que se tallou en outubro de 2014. “Algúns artistas locais xa amosaron a súa sensibilidade por colaborar cunha acción nesta peza que a resalte dentro do conxunto vexetal e que lle engada valor. Non sabemos a que agardan para poñelo en marcha ”, conclúe o portavoz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com