Lugonovo denuncia o estado de abandono do Pazo dos Deportes e a súa contorna

Lugonovo denuncia o estado de “abandono absoluto” no que, din, se atopa o Pazo dos Deportes e a súa contorna. Segundo a formación, “non hai constancia de que o Pazo reciba ningún tipo de mantemento estrutural” nin tampouco as infraestruturas da contorna, xa que “os estacionamentos próximos levan, como mínimo dez anos sen ver unha man de pintura, até o punto de que as liñas que separa as prazas son, agora mesmo, invisibles”.

“Non é de recibo que ninguén se preocupe o máis mínimo pola conservación destas dotacións. Neste momento, os aparcadoiros só están delimitados por algún residuo anecdótico da pintura que lles botaron hai unha década. É dicir, que os usuarios das piscinas municipais, das pistas de atletismo e do pabillón circulan pola zona por intuición”, sinala o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha.

Rocha extende as críticas á rúa Filarmónica Lucense, que vertebra a Facultade de Humanidades con Alfonso X, e na que calquera tipo de sinalización viaria brilla pola súa ausencia, complicando o ordenamento do tráfico. Pero de maior gravidade aínda, resulta o feito de que esta falta de revisión e vixilancia se traslade ao Pazo Provincial incorrendo no que, os concelleiros de Lugonovo, consideran unha “auténtica neglixencia institucional”.

“Falamos dunha construción con capacidade para acoller a 6.000 persoas, onde a conservación e a prevención de riscos ten que estar á orde do día e cumprir tódolos requisitos para velar pola seguridade dos espectadores e traballadores do recinto. Falamos dun edificio sobre o que tampouco hai coñecemento de que dispoña de licenza de obras e primeira ocupación en vigor e, polo tanto, parécenos dunha tremenda irresponsabilidade que nin sequera se estea exercendo unha supervisión e inspección continuada, acorde aos seus usos e á súa envergadura, despois de 25 anos en pé”, engade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com