" />

Lugonovo insta a incrementar o horario dos buses ata a madrugada durante os fins de semana

Lugonovo solicitará no vindeiro Pleno que os autobuses amplíen permanentemente o seu horario ata a madrugada durante todos os fines de semana do ano, do mesmo xeito que agora se vén realizando nas festas ou na véspera de acontementos especiais.

A medida contribuirá, segundo o Grupo Municipal, a previr situacións de perigo para as mulleres coa fin de evitar que se produzan agresións machistas. “O dereito á seguridade non debe ser algo extraordinario nin exclusivo dunha data concreta. Foi Lugonovo quen propuxo poñer en marcha a campaña Por unhas celebracións libres de sexismo porque entendiamos que, en determinados contextos, era preciso incrementar a vixilancia e mesmo  establecer protocolos de actuación para atallar este tipo de ataques ao tempo que se prestaba unha asistencia inmediata ás vítimas”, lembra Cristina Pérez Herráiz.

“Sen embargo, a violencia de xénero non só se sucede durante o Arde Lucus e o San Froilán polo que levaremos ao Pleno unha proposta para que, conforme se estude coa concesionaria do transporte urbano a posiblidade de que os condutores realicen paradas á demanda das usuarias, tamén se valore incrementar o servizo durante as madrugadas dos fines de semana co obxecto de mellorar a súa protección”, indica a portavoz da formación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo