Lugonovo insta a Lara Méndez a acondicionar os aparcadoiros disuasorios

A agrupación municipal de Lugonovo instou esta mañá ao Concello de Lugo a acondicionar de “inmediato” os aparcadoios disuasorios da cidade. Case un ano despois de anunciar a súa creación e seis meses logo de habilitar o crédito necesario para materializalos, os 7 párkigns disuasorios prometidos pola rexedora “seguen a ser un espellismo”.

“En marzo de 2017 sacou Lara Méndez o atril para dar conta das boas intencións do goberno na resolución dos déficits de estacionamento que padece a capital e en xullo a Corporación aprobaba en Pleno a consignación de 350.000 euros destinados ao acondicionamento das sete parcelas onde se ubicarían esas 600 novas prazas, a maiores dos 119.000€ que se reservaron para incrementar a capacidade e a conservación do terreo fronte ao Hula. Pero o tempo pasa e os avances, a día de hoxe, son ningún”, denuncia a portavoz de Lugonovo, Cristina Pérez, “non hai máis que dar unha volta pola cidade para comprobar como os turismos aparcan nos lugares máis inverosímiles e con absoluta impunidade”.

Cristina Pérez Herráiz afea, unha vez máis, a ineficacia do executivo ao que atribúe cero progresos, dende o inicio do mandato, en materia de mobilidade. “Á demora da entrada en vigor destes espazos hai que engadir o caos absoluto que reina na circulación onde non se efectivizou nin unha soa medida que redunde no seu control nin na súa organización. Onde deixar o coche comeza a converterse nun serio problema incluso ata os domingos, mentres que as solucións non chegan”.

“Nin aumentaron as dimensións das prazas dos aparcamentos soterrados, nin se trasladou a que ritmo e en que termos se están producindo as negociacións coa empresa concesionaria. A Ora segue estancada no mesmo punto no que se deixou sen, se quera, vontade aparente de retomar as conversas iniciadas na única reunión que houbo da Comisión de Municipalización do servizo e, para colmo, de nada serviu tampouco que xa existan dous acordos plenarios instando ao equipo de goberno a informar dos cambios que experimentará o bus urbano e as novas liñas que se porán a disposición dos usuarios”, resume a voceira. “O que demostra que todo foron pasos atrás ou propaganda”.

“Moitas promesas, pero no aire; ningunha real ou con perspectivas de chegar a selo a curto prazo” – insiste Pérez Herráiz, quen adianta que a formación presentará varias preguntas para coñecer o estado no que se atopa a tramitación dos distintos proxectos coa fin de “urxir á súa consecución. Á cidadanía, e a nós tamén, empézaselle a esgotar a pacienda” conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com