" />

Lugonovo ofrecese ao goberno para redactar as ordenanzas e os orzamentos municipais

Lugonovo quere amosar a súa preocupación pola deriva que tomará a gobernabilidade do Concello se o executivo local perpetúa, nos próximos compromisos municipais, as mesmas manobras que xa amosaron na xestión do Sistema da Ora.

“Enriba da mesa atópanse neste intre asuntos cruciais para a cidade como son as ordenanzas e os presupostos ademais da contratación de varios servizos que teñen caducada, dende hai tempo, a súa licitación”, sinala o portavoz da formación, Santiago Fernández Rocha.  “Sorpréndenos a relaxación coa que o goberno está abordando estas cuestións nas que agardamos sexan capaces de afastarse de condutas tan bochornosas como as que amosaron para recuperar a Ora”.

Os concelleiros de Lugonovo amósanse, asemade, dispostos a dialogar e colaborar co equipo socialista na redacción ou mellora da normativa que regula as taxas municipais, así como para elaborar uns orzamentos eficaces, transparentes e participativos. “Pero para iso cómpre, segundo Fernández Rocha, que operen con limpeza política e antepoñan os intereses dos cidadáns aos do seu propio partido.

Segundo informou a plataforma política “nos próximos días, presentará tamén outra proposta para impulsar un marco de principios que rexan os pregos de condicións das contratacións públicas tendentes á priorizar a xustiza social, a igualdade e inclusión ademais de favorecer o medio ambiente e a innovación empresarial”.

“En Lugonovo entendemos que as Administracións deben dar exemplo promovendo contratos que garantan a dignidade do traballo e a defensa dos intereses dos empregados”, concluiu o voceiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo