" />

Lugonovo pide convocar unha Xunta Local de Seguridade ante a vaga de roubos

O grupo municipal de Lugonovo solicita a convocatoria dunha Xunta Local de Seguridade ante a vaga de roubos que vén sufrindo a cidade de Lugo nas últimas semanas. A formación propón mobilizar “a cantos axentes sexa preciso” co fin de acabar con esta problemática. 

“A sensación de inseguridade esténdese entre os veciños despois de que, nas últimas semanas se multiplicaran os roubos na capital. Lugo parece terse convertido nun oasis para os ladróns”, subliña o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha.

Lugonovo lembra ademais que a inactividade das cámaras de vixilancia instaladas nos polígonos “permítelles aos ladróns dispoñer dunha vía de escape rápida e moi discreta, un factor que pode animalos a operar no municipio”.

“Unha maior presenza de axentes nas rúas, con patrullas en constante movimento polos barrios, desanimaría ás organizacións e complicaríallelo negocio. Está claro que a estratexia de protección que está en vigor non é eficaz e que, nunha situación como a que se empeza a rexistrar, debéranse reunir esforzos para loitar na mesma dirección: a de que Lugo recupere a imaxe de tranquilidade da que sempre gozou”, sinala Fernández Rocha.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo