Lugonovo presenta unha Declaración Institucional co gallo do Día da Muller

Lugonovo, seguindo coa iniciativa de En Marea, presentou esta mañá unha Declaración Institucional como recoñecemento á condición feminina, coincidindo coa xornada do 8 de marzo, de especial significación ao respecto.

A edil desta agrupación, Cristina Pérez Herráiz afirmou que “o posicionamento dunha forza política de esquerdas, como é Lugonovo, é natural e intrinsecamente feminista, non se pode constituír un mundo xusto sen que se aborden desde abaixo as desigualdades, e a desigualdade feminina é a máis flagrante das que nos afecta, porque atingue á metade da sociedade transversalmente, condiciona a nosa vida social, familiar, laboral, política e económica”.

Dende a formación consideran que a visión feminina do mundo é tan  indispensable para construír unha realidade sensata, “como a presenza da muller na Terra o é para a supervivencia da humanidade”.

Por iso, os edís e a edil do Grupo Municipal aproveitan para facer unha mención especial ás mulleres que están vivindo unha das traxedias mais brutais desta época: o éxodo de millóns de persoas cara Europa.

Neste senso, Pérez Herráiz advertiu que “a violencia contra as mulleres é máis específica en situacións de conflito” e tachou de vergoñento o comportamento dos organismos internacionais que “miran polos intereses económicos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo