" />
Cargos electos, militantes e simpatizantes de Lugonovo, plataforma cidadá que acadou nas pasadas eleccións municipais 3 concelleiros

Lugonovo propón para o San Froilan unha xornada de creatividade gastronómica e unha mostra que recolla a evolución das festas

A concelleira do Grupo Municipal Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, levará mañá, á segunda xuntanza da Comisión Especial de festas, varias propostas para complementar a organización e a programación do San Froilán. Entre as súas propostas está a organización dunha xornada de creatividade gastronómica, centrada nun ou varios produtos autóctonos, e unha mostra que recolla a evolución e a relevancia das festas.

“Pensamos que a gastronomía é un signo de identidade para Lugo e que ten que contar con certo protagonismo nas festas. Por iso propoñemos que se dedique un día dos festexos a organizar e desenvolver unha xornada de creación gastronómica. A idea é aproveitar un ou varios espazos da cidade como contedores desta iniciativa para convocar mesmo un “show cooking” no que participen os cociñeiros locais pero tamén algún outro convidado que lle aporte interese ao acontecemento e tralo cal o público poida degustar o elaborado a un prezo módico”, subliñou.

Outra das aportacións que fai Lugonovo é a creación do San Froilán no Tempo. “Boa parte da sona, fora da provincia, que ten a nosa cidade venlle dada precisamente,  por estas festas. Cremos que compre resaltar a súa evolución, por exemplo, ca creación dun espazo propio para expoñer unha mostra histórica do San Froilán  que recolla, así mesmo, como foi mudando a festa co paso do tempo e tamén como o fixo Lugo, aínda que podería diversificarse, asemade, con actividades en distintos puntos da cidade como a teatralización de fragmentos da tradición local ou a posta en escena de trobadores, etc”.

Por outra banda, e dende o punto de vista organizativo, Lugonovo considera que sería conveniente ampliar o percorrido e o horario das liñas de buses que levan pasaxeiros ao entorno rural, lonxe do centro urbano, especialmente cando haxa espectáculos e concertos de interese. Lugonovo tamén considera oportuno que os museos municipais abran as súas portas tódolos días, incluindo os festivos do 5 e o 12 de outubo “para que os lucenses podan mesturar os aspectos lúdicos das festas cos culturais” “

Asemade, Lugonovo propón como candidato a pregoeiro a Darío Xohán Cabana. “Somos coñecedores dos méritos, máis que sobrados, que ten este escritor e académico lucense e pensamos que, aproveitando que está a piques de xubilarse como traballador muncipal, este é un bo momento para homenaxealo nomeándoo pregoeiro”.

Cristina Pérez Herráiz pedirá tamén na Comisión que se explique cal é o procedemento de contratación dos grupos que actúan nas festas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo