Lugonovo propón recuperar a trascendencia do intelectual Celestino Fernández de la Vega

Coincidindo coa organización na cidade dunha xornada na honra de Ramón Piñeiro polo centenario do seu nacemento, o Grupo Municipal Lugonovo propón que se recupere tamén o protagonismo doutra figura moi importante do ensaio e pensamento lucense, como é a de Celestino Fernández de la Vega, estreito amigo e colaborador de Piñeiro.

Un escritor, segundo o portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, “pioneiro en afondar e definir conceptos tan determinantes para o coñecemento do individuo galego como é a saudade, o signficado da paisaxe e fundamentalmente o humor; valores e actitudes da singularidade propia coa que nos enfrontamos á realidade na nosa terra”.

“Celestino foi un gran sabedor e divulgador das correntes de pensamento europeo, encargado de artellar e conectar nelas ao galeguismo, e o impulsor do movemento intelectual na cidade. Pensamos que na súa destacada traxectoria e a pesar dos actos organizados o ano pasado pola conmemoración do seu nacemento, falta un recoñecemento oficial, moito máis senlleiro, a altura dos seus méritos que sirva para poñer de relevo todo o que fixo pola nosa cultura”.

Dende o Grupo Municipal proponse a organización dunha homenaxe que teña o seu vértice no Hotel Méndez Núñez, lugar orixinario das tertulias que el mesmo liderou, como espazo máis apropiado para elevar un monumento adicado á súa persoa. “Unha estatua na súa memoria, na liña coas que xa contan Ánxel Fole ou Luis Pimentel, ás portas do que foi o centro xerador de ideas en Lugo durante a posguerra e berce das vangardas da época. Un recoñecemento que alivie, nalgunha medida, a mácula que pesa sobre a transcendencia que Celestino tivo na sociedade local e galega, insuficientemente valorada. Propoñemos ademais a

Propoñen asemade a idoneidade de que, contando co beneplácito da familia e posto que na Real Academia Galega xa amosaron a súa conformidade con esta iniciativa, sexa o Concello de Lugo quen promova estes actos que poderían vertebrarse en torno a unha xornada de divulgación do seu traballo, así como na publicación das cartas inéditas entre Celestino e Ramón Piñeiro”.

Lugonovo apunta tamén a posibilidade de que o Concello impulse o nomeamento de Celestino Fernández de la Vega como patrón da Facultade de Humanidades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com