Lugonovo solicita melloras en materia de seguridade viaria e sinalización

O Grupo Municipal Lugonovo pediralle ao Goberno local que convoque canto antes o Gabinete de Tráfico para abordar varias cuestións pendentes, dende hai un ano, en materia de seguridade vial e sinalización.

O portavoz da formación, Santiago Fernández Rocha, alerta dunha “deixadez abraiante” do executivo nesta cuestión. Neste sentido, lembra que xa no mes de febreiro advertiron da necesidade de reducir a perigosidade no cruce entre a Avenida da Coruña e a Avenida Paulo Fabio Máximo ou de modificar o sinal de Montero Ríos que manda aos condutores á rúa Castelao en vez da estación do Adif. “Danos que pensar que os que están perdendo o tren, ademais do tempo, son outros”, apunta Rocha.

Dende a formación piden que “non se demore máis” a acometida destes pequenos trámites, “demandados pola cidadanía e que mellorarían a calidade de vida dos lucenses e dos turistas que nos visitan”. “Sabemos que é o gabinete de tráfico quen ten que supervisar todas estas modificacións o que non sabiamos era que para reunirse tiñan que chegar a unha cota inxente de queixas, que o que dan a entender con esta desidia”, recalca o voceiro de Lugonovo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com