Lugonovo urxe á reparación da pista que conecta os depósitos da Piringalla coa N VI

Lugonovo urxe á reparación da pista, paralela á rúa Mar Cantábrico, que conecta os depósitos da Piringalla coa Nacional VI.

“Trátase dunha estrada de pouco máis dun quilómetro pero que, agora mesmo, resulta imposible de transitar debido ao mal estado no que se atopa o firme. De feito algunhas das fochancas teñen un tamaño tan considerable que impide aos condutores esquivalas por moita manobra que fagan”, subliña o edil da formación, Víctor Álvarez.

Neste senso, o Grupo Municipal trasladará, de novo, un rogo ao goberno para que acondicione a calzada que dá servizo de paso non só aos residentes en varios núcleos rurais próximos á principal circunvalación da cidade, senón tamén a moitas das familias que a empregan con frecuencia para acudir ás instalacións educativas da zona.

“Xa en marzo de 2017 solicitamos que se asfaltasen varios camiños da contorna que se mantiñan moi deteriorados agardando unha futura urbanización que non acaba de chegar. Sen embargo, ningunha destas intervencións se levou a cabo nos últimos dous anos. Parécenos notorio o descoido, en materia de conservación viaria, que se observa neste enclave polo que insistirémoslle ao executivo en que debe adecualo ás demandas e usos da veciñanza”, indica o edil da formación ao tempo que suxire que esta actuación se inclúa dentro das iniciativas contempladas no Plan de Barrios.

Álvarez Arias advirte, asemade, da existencia dun pequeno vertedoiro incontrolado nas inmediacións da devandita vía e apela á súa retirada para atallar non só a contaminación que propicia senón tamén un posible efecto chamada que o perpetúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com