“Solares convertidos en estercoleiro e as beirarrúas invadidas de vexetación, silvas e lixo. Ésta é a imaxe que ofrecen os barrios da Abella, fundamentalmente, e Lamas de Prado”.
Unha situación que, segundo o portavoz do Grupo Municipal Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, pon de manifesto “a falta de conciencia que ten o equipo de goberno sobre a realidade da cidade”.
“Toda a zona está completamente abandonada, é inviable transitar polos camiños, os derperdicios amoréanse nas leiras que están asolagadas de toxos e malas herbas e os veciños mesmo se queixan da presenza de ratas. O deterioro é máis que evidente e os prexuizos para os residentes están rozando os límites da insalubridade.”
Dende Lugonovo, instan ao Concello a facer unha limpeza en profundidade naqueles terreos que sexan da súa propiedade e a acondicionar os espazos públicos, para que cumpran as mínimas garantías hixiénicas e de servizo para toda a poboación. Tamén informan á administración local da necesidade de apremiar ós propietarios privados, especialmente a entidade Abanca, dona de moitas das parcelas que se atopan en peor estado, a preocuparse e responsabilizarse do seu mantemento.
“O Concello ten que facer os deberes que lle corresponden antes de nada pero dende Lugonovo consideramos que ademais sería bo que impulsase un plan de inervención integral na zona. Somos conscientes de que a diversidade poboacional que se concentra nesa urbanización esixe de moita constancia nas tarefas de conservación pero iso non pode servir de escusa para non cumprir cos compromisos municipais. A estampa do barrio hoxe en día é moi lamentable e, lonxe de aparecer como un atractivo para os visitantes, pola próxima apertura dunha superficie comercial, o que provoca é rexeitamento. Estamos seguros de que si se mantén a situación actual terá unha repercusión moi negativa para o barrio e para toda a cidade”, sinala Fernández Rocha.
Dende o Grupo Municipal Lugonovo, apúntase tamén outra suxestión: a de sumar os esforzos de tódolas entidades que teñan propiedades no entorno para aproveitar eses solares e reconvertilos en hortos urbanos a disposición das familias alí empadroadas que queiran por un lado, contar con esas terras como medio de subsistencia, e por outro contribuír ao coidado e á habitabilidade da Abella.