Luz Darriba crea o novo logo de NPG Nova Poesía Guitirica

A artista multidisciplinar e poeta da NPG Nova Poesía Guitirica, Luz Darriba, ven de agasallar ao colectivo cun deseño que renovará a imaxe do grupo poético nacido tres anos atrás na parroquia de Díaz Castro.
Os membros de NPG destacana a “sinxeleza e expresividade” da obra de Darriba, artista, non deseñadora,  que ideou a imaxe entendendo que un logo ten que reunir unha serie de requisitos gráficos. Foi vectorizado e limpado en Bos Aires por unha das súas fillas (Aymará Ghiglione), que si é deseñadora gráfica. “E aquí temos o resultado, que nos enche de orgullo e alegría e nos da aínda máis azos para seguir a traballar pola poesía, a literatura, a arte e a cultura”.
Unha folla de carballo que conecta coa estirpe e a tradición e a saiba que corre polas follas é o traballo comunal, de grupo, “que tanto e tan bó nos ten levado a facer na NPG desde a humildade…”
O logo, será desde agora a imaxe identitaria do colectivo, nas redes sociais, na web e en todo canto a NPG realice e participe. “Ter de imaxe unha creación dunha compañeira recoñecida co Premio da Cultura de Galicia 2018 é para nós un privilexio que nos enche de orgullo e felicidade. Somos sortudos. Sentímonos honrados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com