Luz verde do Goberno á participación de Lugo no Plan Único da Deputación

A Xunta de Goberno deu luz verde este mércores á participación do Concello no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos, impulsado pola Deputación, así como ao investimento total de 538.930 eruros, 500.000 euros no marco deste programa, aos que a entidade local suma 38.930 euros, para acometer un total de 12 actuacións.

Segundo explicou o Voceiro Municipal, trátase de mellorar e ampliar servizos en 9 viais da zona rural e ámbito periurbano, mellorar e adecentar dous locais sociais de dúas parroquias e colocar unha escultura para humanizar a zona de Ramón Montenegro.

O investimento é de 500.000 euros, asignados a Lugo no marco deste programa provincial. A esta contía o Concello, ademais da realización dos proxectos para ser executados, suma uns 38.930 euros, co que o importe total das actuacións ascende a 538.930,54 euros.

No ámbito rural e periurbano, o goberno local levará a cabo a pavimentación da rúa dos Chaos e Camiño de Liñares, do vial dende Milleirós a Tolda de Milleirós e de varias vías en Castelo, todo por un total de 261.416 euros. Asemade, grazas ao Plan Único o concello acometrá a pavimentación e mellorará o abastecemento en Camiño de Barreiro e San Fiz por 103.636,74 euros.

Ademáis, tamén na zona rural, o equipo de Lara Méndez levará a cabo o formigonado de cunetas en Esperante, a mellora do firme no camiño do Muíño, na parroquia de Santo André de Castro e na estrada de acceso a Mazoi, na parroquia do mesmo nome. Así o Concello, rematará a mellora do rural cos cartos da Deputación reformando dous locais sociais; a escola de Daquelcabo en Bascuas e o local social do Burgo. Todas estas obras suman un total de 139.997, 80 euros.

Por último, no ámbito cultural o Concello investirá 33.880 euros na creación e colocación dunha escultura en granito dedicada ao músico Javier Krahe. Esta figura se situará na zona de Ramón Montenegro, e a realizará o escultor lucense Juan Lomarti. Trátase dunha petición do Club Clavicembalo avalada polas sinaturas de numerosos lucenses que apoian esta honra ao músico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo