Máis de 10.000 persoas no World Pádel Tour Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Deputado de Deportes, , participaron este domingo na entrega de trofeos aos participantes do Lugo Open 2018, a décima proba do circuíto World Pádel Tour, que acolleu a capital luguesa, co apoio do Goberno da Deputación e do Concello de Lugo.

O Pazo Provincial dos Deportes encheuse este domingo de público para presenciar as finais feminina e masculina, que reuniron ás mellores parexas desta disciplina deportiva. En total, durante os días de competición máis de 10.000 persoas pasaron polas instalacións luguesas para desfrutar do espectáculo. A propia organización cifrou en 1 millón de euros o retorno económico do evento para a provincia de Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com