" />

Máis de 100 inscritos no I Trail das Bestas de Muras

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco presentou este venres no concello de Muras o I Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 5 de novembro e que xa conta con máis de 100 inscritos. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.

Rivera Capón remarcou que “a 1º edición desta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume. Non en vano, compráceme anunciar que xa hai preto de 100 participantes inscritos de toda Galicia”.

O Deputado sinalou que “a saída será ás 9:30 horas, e os participantes deberán escoller entre dous percorridos de 16 ou 23 quilómetros, o que supón todo un reto, e que discorrerá en medio dunha paraxe de incalculable valor natural e paisaxística de Muras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo