" />

Máis de 4.200 entrevistas para a selección dos postos de traballo do Ben Empregado

O Executivo Provincial vén de rematar as últimas probas de selección do Ben Empregado 4, máis social. Foron máis de 4.200 entrevistas as realizadas polos técnicos da Deputación aos 1.340 lucenses no paro que optan aos postos de traballo do Goberno Provincial. Son 185 os novos empregos que xera o Executivo da Deputación en outras tantas entidades da provincia a través da cuarta edición deste plan de emprego.

Nos vindeiros días publicaranse en http://benempregado.deputacionlugo.org/ e no taboleiro de anuncios da Deputación as puntuacións acadadas nas entrevistas e a listaxe definitiva dos lucenses seleccionados que se incorporarán aos 185 novos empregos nas próximas semanas. Todos estes beneficiados estarán un ano contratados nas empresas e colectivos da provincia, pois o Goberno da Deputación asume os custos laborais de todos estes desempregados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo