Máis de 630 días de agarda para obter unha licenza de obra no rural lucense

O PP amosou a súa preocupación porque en 2020 empeorou en cinco meses a ratio de resolución de expedientes de licenzas para facer obras na zona rural. O concelleiro popular Manuel López explicou como se pasou de resolver os expedientes en 532 días no ano 2019, aos 684 días en 2020, asegurando que é “moi preocupante que o bigoberno en vez de axilizar e desbloquear os expedientes de peticións de obras nas parroquias de Lugo continúe eternizando estes trámites”.

Manuel López pregúntase “como se vai a acabar co abandono da zona rural cando o PSOE e o BNG de Lugo tardan case dous anos en tramitar reformas ou rehabilitacións en vivendas rurais así como ampliacións ou construcións de construciós agrícolas”. “Estase multiplicando por oito o prazo que marca a lei de resolver este acto reglado en 90 días e que, á vista salta, en Lugo se incumpre de forma sistemática”, aclaraba. No informe que elaborou o Grupo Popular se desprende que en 2020 o bigoberno só conseguiu resolver sete licenzas dentro do prazo legal das 88 concedidas. López detallou que todas foron “pequenas intervencións como reaxustes de parcelas, cubertas para fosas de purín ou modificación dunha licenza”.

O popular explica que “hai muchos veciños e veciñas do rural desesperados porque ven como tardan máis tempo e sacalo permiso que en facer a obra”. Manuel López explica que “se se conseguira recurtar este prazo aos tres meses que estipula a lei se poderían axustar os prezos e, sobre todo, o cliente disporía moito antes da súa vivienda, establos ou outro tipo de edificacións”.

López insiste en que urxe o nomeamento do novo responsable de urbanismo “é necesario unha dirección política que marque prioridades e que axilice a concesión de licenzas para a zona rural”. O popular manifestou que tamén, neste momento, é preciso valorar se se necesita reforzar o persoal de urbanismo en especial o que se encargue dos expedientes da zona rural”. Por outra parte, López avanzou que pedirá información sobre o número de expedientes acumulados pendentes de resolución.

Outro aspecto que afecta á política urbanística no rural é o 5% do PXOM que está pendente de aprobar e que afecta a un total de 160 núcleos “onde non é posible solicitar licenzas”. “Estamos a falar de 24 anos para facer este trámite que nos leva custado 750.000 euros”. O volume de investimento xerado polas 45 licencias aprobadas para reformas, rehabilitacións e construcción vivendas ou explotacións gandeiras ou agrícolas nas 54 parroquias de Lugo de xerouse un volume de negocio de case 3M€ (2.863.085)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com