" />

Mañá ábrese o prazo de solicitude para 5 novos postos do DEPUEMPREGO en Quiroga

A Deputada de Promoción Social e Económica, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este luns a apertura do prazo para solicitar os 5 postos de traballo do DEPUEMPREGO que se ofertan no Concello de Quiroga. Trátanse de prazas que pertencen a este programa destinado á creación de emprego naqueles municipios de menos de 20.000 habitantes.

Dende mañá ata día 13 de agosto, os interesados poden concorrer a un dos 5 postos, ofertados polo Concello de Quiroga, que pertencen ao programa de fomento do emprego DEPUEMPREGO. É requisito indispensable estar anotado coma demandante de emprego no INEM

Os 5 postos que se ofertan no Concello de Quiroga e que pertencen ao programa DEPUEMPREGO son os seguintes:

1 posto de peón múltiple; 1 animador sociocultural; 1 limpador/a; 1 operador de cámara na Radio Televisión Municipal de Quiroga (RTMQ); 1 peón forestal; 1 auxiliar administrativo

As bases e os procesos de selección son elaborados polos municipios. Polo tanto, toda a información pódese atopar no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga, na súa páxina web  www.concellodequiroga.com e na oficina de emprego de Monforte de Lemos. Tamén na páxina web da deputación www.deputacionlugo.gal onde no banner do DEPUEMPREGO se publican todas as bases, documentación e postos de traballo que se ofertan.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo