Manifestación por unha Sanidade pública e de calidade

Miles de persoas manifestáronse hoxe en Santiago por unha sanidade pública, gratuíta e de calidade. Fixérono nunha manifestación convocada por: SOS sanidade pública, baixo o lema ”Sanidade pública en perigo”. Á mesma acudiron representantes dos tres partidos da oposición presentes no Parlamento Galego, para “denunciar os recortes e o desmantelamento dos servizos sanitarios por parte do goberno de Feijóo durante unha década”. Declararon fontes socialistas.

Os socialistas denuncian tamén que “dende que chegou o PP ao executivo autonómico en 2009 a provincia de Lugo perdeu 23 médicos de atención primaria, pechou os ambulatorios de Oural, en Sarria, e o de Castro, en Carballedo, suprimiu as áreas sanitarias da Mariña, Monforte de Lemos e Lugo para centralizalo todo na capital lucense. Ademais dende o PSOE censuran que 9 Concellos lucenses conta con 1 só médico no ambulatorio, quedando sen profesionais cando hai unha emerxencia a domicilio; 16 municipios lucenses non teñen pediatras e 7 non cumpren a ratio que establece a propia Xunta de 1 médicos por cada 1.500 veciños”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo