" />

Mantense a presión asistencial malia unha notable baixada nas novas infeccións por Covid

A presión asistencial nos centros da provincia continúa en niveis semellantes aos de hai unha semana e, incluso, empeorou no relativo ás persoas ingresadas en coidados intensivos. A UCI do HULA leva dous días con seis pacientes críticos, tres máis que o pasado martes e 5 mais que o luns da semana pasada. En planta de hospitalización baixa un paciente, habendo un total de 20 persoas ingresadas con Covid en todos os centros da provincia.

En canto ao número de casos activos, ata as 6 da tarde de onte, o SERGAS contabilizaba un total de 470, 16 menos que na xornada anterior e cunha baixada que se reforza tamén no tocante a novos casos. Tralas probas diagnósticas realizadas no día de onte, foron 10 persoas as que deron positivo por Coronavirus; unha cifra moi boa se a comparamos cos 31 novos casos rexistrados o pasado martes.

Con todo, aumenta a cifra de falecementos a 141, o último caso un home de 79 que finaba no HULA. Da outra banda, son xa 6041 os pacientes curados dende o comezo da crise sanitaria na provincia.

En canto a Concellos, Cospeito sitúase como o único municipio da provincia que supera os 400 casos por cada cen mil habitantes. Malia que ningún concello da provincia está xa no que sería a antiga alerta vermella, superando os 500 casos por cada cen mil habitantes; o certo é que si hai algún concello que conta cunha incidencia por riba dos 250 casos, o que sería o nivel laranxa. Son Vilalba, Palas de Rei e Monterroso; no caso de concellos máis pequenos tamén se situarían neste nivel Pedrafita e Triacastela que contan con entre 1 e 9 casos. 

A capital que hoxe se sitúa entre os 50 e os 150 casos de incidencia acumulada, con un total de 133 casos novos nos últimos 14 días, é a cuarta cidade de Galicia con menor incidencia acumulada. Na provincia hai xa 27 concellos que non rexistraron ningún caso nas últimas dúas semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo