" />

Manuel Iglesias fala da saúde mental da mocidade na Mesa Redonda do Vello Cárcere

O ex coordinador do proxecto europeo ‘Mind the mind’, Manuel Iglesias, participou esta tarde na Mesa Redonda sobre saúde mental na xuventude, centrandose nos estigmas que conlevan os trastornos mentais entre a mocidade. Xunto a este mozo lucense afincado en Madrid,  estaban as psiquiatras da área infanto-xuvenil do HULA, Yolanda Carballeira e Gabriela Kepsh; Jorgue Begazo, psiquiatra residente do HULA, Sagrario Fernández, traballadora social da área infanto-xuventil do HULA, María José Pena Lage, licenciada en psicoloxía e técnica da área de Xuventude do Concello e Manuel Fernández Prado, presidente de ALUME Saúde Mental Lugo.

Esta posta en común entre diferentes expertos, fíxose co gallo do Día da Saúde Mental, celebrado o pasado día 10 de outubro, pero co que o Concello pretende abrir unha serie de encontros mensuais. Con esta actividade, a entidade local, busca dar a coñecer datos tan preocupantes como que en Galicia só existen 7 camas para a atención desta doenza en mozos e mozas de ata 16 anos; e sensibilizar sobre este problema e a súa detección. Foi, pois, unha xornada de reflexión e de traballo sobre a prevención das enfermidades mentais, das que a metade comezan antes dos 14 anos e sendo o suicidio a segunda causa de morte entre os 15 e 29 anos.

O proxecto europeo que coordinou Manuel Iglesias, pretende facilitar a docentes, médicos e enfermeiros, coñecementos e habilidades para tratar os estigmas da enfermidade mental entre os máis novos. Entre os trastornos máis habituais cos que traballaba Iglesias nos obradoiros estaban a depresión, a esquizofrenia ou o trastorno bipolar. Autismo, demencia, trastornos alimenticios… son só algúns dos temas que poden perturbar á mocidade. Unha xuventude que moitas veces por eses estigmas resístese a pedir axuda e acaba empeorando unha situación.

Prevención durante a xestación

 As psiquiatras do Hula deron unha das chaves da prevención dos trastornos mentais entre os máis novos: o tratamento temperán. Yolanda Carballeira e Gabriela Kepsh aseguraron que a saúde mental dunha mai durante a xestación é fundamental para o desenrolo do feto. Igualmente, os primeiros anos de vida dun neno son os máis importantes á hora de traballar na prvención de trastornos e estigmas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo