Manuel Martínez destaca “os bos datos da auditoría externa de SUPLUSA, se se compara coa de Darío Campos”

O presidente de SUPLUSA Manuel Martínez, destaca mediante nota informativa a boa xestión que levou a cabo nesta sociedade dependente da Deputación de Lugo, despois dos datos da auditoría externa a que se someteu a sociedade e que arroxa unha cifra de negocio de “63.5827´93 euros, que supon un incremento do 1795´45%, xa que a cifra do pasado exercicio, fora de 33.544´88.
Martínez tamén informou que enviará unha carta á Deputación, para que se lle fixera un pago a SUPLUSA de 1.055.201´76 de euros que é ao que ascende a débeda que, segundo Martínez; mantén o ente provincial con esta  entidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo